Siguenos en Facebook Siguenos en Facebook Siguenos en Facebook Siguenos en Facebook

INICIO         |    NOTICIAS     |      CONCERTOS     |      INFO            |    MÚSICA              |      
GALERÍA     |    VIDEO            |      CONTACTO        |      NA REDE  |    DESCARGAS  |     

                                                                                                                                                            

20/01/15

Máis de Séculos Escuros

Xa é hora que vos contemos un pouco máis do novo traballo Séculos Escuros. A nosa idea era a de non facer un disco convencional, os tempos cambian. Os novos temas que vos presentamos tratan unha temática común: os actuais Séculos Escuros que nos están obrigar a vivir. Por outra banda, decidimos publica-lo traballo dividindoo en tres partes conectadas entre sí.

O 2 de febreiro publicaremos Séculos Escuros I, o primeiro dos EP´s,  que contará con 5 temas nos que veredes aos Deseqilibrio de sempre, un son máis traballado e novos matices que estamos moi contentos de incluír.

O disco foi cociñado en Pousada Son xunto ao máster Iago Pico e conta coas colaboracións de Xan Pericán de Ruxe-Ruxe e DJ Mestre Pi

O propio dia da saída do disco, estará en descarga gratuíta dende o primeiro momento na nosa páxina web, pero tamén temos preparada unha edición física limitada para os románticos do CD que poderedes atopar en Miranda! Cultura para Levar na zona vella de Compostela. Do deseño encargáronse as Arinspunk, que fixeron un traballo gráfico impresionante.

A vindeira semana agardamos poder adiantarvos unha peza do disco para que a vaiades aprendendo e a berredes ben forte no concerto presentación do Sónar. 

Estade atentos !!!