Siguenos en Facebook Siguenos en Facebook Siguenos en Facebook Siguenos en Facebook

INICIO         |    NOTICIAS     |      CONCERTOS     |      INFO            |    MÚSICA              |      
GALERÍA     |    VIDEO            |      CONTACTO        |      NA REDE  |    DESCARGAS  |     

                                                                                                                                                            

16/03/13

Grazas Catoira!

Aquí estamos, actualizando o chisme este, agora mesmo son as 6:12, fai pouco que viñemos de descarga-la furgoneta no ensaio. O rocanrol éche así, feito para noctámbulos. Imos durmir cunha boa sensación no corpo, que é outra das cousas que ten esto do rock, xa que hoxe en Catoira foi unha boa noite para lembrar.

Tiñamos unha débeda pendente no Mesón A Rúa (este concerto xa se aprazara fai uns meses) e alí fomos os Deseqilibrio con tódo-los nosos bártulos. Tivemos a sorte de presenciar o concerto debut duns grandes amigos, os Tiradopeito, e durante o noso concerto puidemos sentir o calor da xente, que nos aledaron a noite cantando, saltando e facendo pogos coas nosas cancións. Non tocabamos en directo dende agosto do ano pasado, e este foi o mellor xeito de saca-la ferruxe do corpo.

Dende aquí queremos agradecer a toda a xente que se achegou a vernos e a felicitarnos despois do concerto (énchédesnos de enerxía). Tamén agradecer ao Mesón A Rúa por tratarnos tan ben, a Tiradopeito por acompañarnos nesta aventura, a Carlos Freire por botarnos unha man co son, a Fito Okeoh por botarnos unha man coa carga-descarga e ao Celta-Depor por fodernos a proba de son (éche así).

Agora o menda vaise a durmir e a pensar en todo o que pasou hoxe, con esa sensación de non nos coller unha palla no cú. Para a semana lembrade que estaremos acompañando a Nao na presentación do seu novo disco, xoves na Sala Capitol (Compostela) e venres na Sala Coliseo (Pontedeume), outros concertos que agardamos que sexan memorables!

Bicos para todxs!

(Tiradopeito dándolo todo!)