Siguenos en Facebook Siguenos en Facebook Siguenos en Facebook Siguenos en Facebook

INICIO         |    NOTICIAS     |      CONCERTOS     |      INFO            |    MÚSICA              |      
GALERÍA     |    VIDEO            |      CONTACTO        |      NA REDE  |    DESCARGAS  |     

                                                                                                                                                            

23/10/12

Entrevista en ComposTimes

foto por Charlie Peartree http://500px.com/Charlie_Peartree

Moi equivocado está aquel que pense que na Casalonga non hai rocanrol, ou simplemente que o metal en galego non é de calidade. Deseqilibrio Mental levan bourando dende o 2002, 10 anos as súas costas de concertos, cancións e sobre todo, moito rock. Composto por Tito, Jimmy, Miguel Duarte, Piky, Piedra (Chochi) e Markos (Pajarito), de recente entrada trala saída de Anxo, unha das voces do grupo. Deseqilibrio non se cortan a hora de contar e demandar as cousas, de mostrar unha realidade que parece implacable mentras camiñamos por ela.



Sigue chovendo en Santiago, e o único certo diso e que ninguén sabe cando se pechará o grifo na capital. Quedo cuns vellos amigos ao calor da Corredoira. Fai tempo que non os vexo, teño ganas de preguntarlles pola súa vida. Ali están xa cando chego, Duarte e Pajarito, o que aínda non puidera coñecer trala súa entrada no grupo. Miguel ponme ao día dos novos proxectos mentras esperamos por Chochi, que chega ao pouco, protestando polo tempo como mandan os canones. “-Tres contra un, non é xusto… -Ti non poñas todo que sempre largamos de mais”.

Así comeza a entrevista que nos fixeron para ComposTimes. Se queredes ler a entrevista enteira tan só tedes que pinchar AQUÍ e pegarlle unha ollada.