Siguenos en Facebook Siguenos en Facebook Siguenos en Facebook Siguenos en Facebook

INICIO         |    NOTICIAS     |      CONCERTOS     |      INFO            |    MÚSICA              |      
GALERÍA     |    VIDEO            |      CONTACTO        |      NA REDE  |    DESCARGAS  |     

                                                                                                                                                            

07/07/12

Grazas ao Demo

Pois onte tal como anunciamos, foi un dia moi especial para nós. Por compromisos con Astarot, o noso batería Piedra non puido asistir ao concerto do Música na Noite en Solláns e veu a botarnos unha man o grande Alex Sevilla "Demo de Tasmania", batería dos irmáns Ruxe-Ruxe

Estivemos ensaiando arreo con el para facelo o mellor posible... e vaia que si o fixo ben, foi unha pasada de concerto! Quedamos encantados con el e solo temos palabras de agradecemento a Alex por vir a tocar onte con nós. Agora podemos fachendear que tivemos entre as nosas filas ao Demo de Tasmania.  

Unha noite especial, das que se lembran toda a vida! Sempre é un pracer tocar na casa rodeados de unha chea de amigos e no festival máis mítico do concello de Teo. E hoxe máis festa no festival coa noite Folk!


"Por fin con ordenador outra vez!!jeje .......... quería explicar un pouco como foi o tema de onte ... .Desgraciadamente non puiden estar onte co meu grupo da infancia,co de toda a vida ... DESEQILIBRIO MENTAL ... xa que como sabedes toco en outro grupo ASTAROT,ó cal hoxe en dia considero tan importante como Deseqilibrio xa que os anos foron pasando e síntome moi agusto tanto nun grupo como noutro,compaxinándoos o mellor que podo coa axuda dos meus compañeiros de ambas bandas.E onte había un concerto cerrado de moito antes en Lugo e entón non puiden estar en Música na Noite,e no meu lugar estivo o gran Musicazo e moi amigazo meu Alex Sevilla dándoo todo na batería,que dende aquí volvo a darlle outra vez as gracias ... foi un dia triste e alegre para min,ou mais ben un dia raro ... pero o importante e que estivo de puta nai tanto un concerto como o outro,e no próximo dos Deseqilibrio xa lle vou volver romper a batería como sempre,jeje,si é que non me botan claro,porque o Sevilla é bastante animal,jejeje!!pois eso,menudo razonamento me peguei hoxe,pero así quedo moito mellor comigo mesmo. ... e agora voulle tomar unhas!!Saúde e Rock para todos de parte do Piedra!! "