Siguenos en Facebook Siguenos en Facebook Siguenos en Facebook Siguenos en Facebook

INICIO         |    NOTICIAS     |      CONCERTOS     |      INFO            |    MÚSICA              |      
GALERÍA     |    VIDEO            |      CONTACTO        |      NA REDE  |    DESCARGAS  |     

                                                                                                                                                            

04/06/12

NOITAZA!

Vaia noitaza a do sábado en Santa Cruz de Ribadulla. Pasámolo moi ben tocando sobre todo por estar rodeados de unha chea de amigos; moitas  grazas a todos os que viñestes! (e tamén as nosas desculpas aos que vos perdestes pola indicación do Google Maps ;) )

Levábamos sen tocar en directo dende outubro do ano pasado, e estivemos "engraxando" a máquina, ensaiando duro para sacar a ferruxe do corpo, para poder dalo todo despois de tanto tempo e saca-lo demo do corpo! E vaia que se o sacamos. Tocamos coa emoción do primeiro concerto, e en certo modo foi o noso primeiro concerto desta nova etapa do grupo! 

Ahí o está, Marcos "Pajarito", o noso novo vocalista, que debutou con nós o sábado. Estamos orgullosos del, e estamos seguros de que o grupo gañou moito coa súa incorporación. Agora solo desexar que sexan moitos anos máis xunto del. 

Para todos os vos perdestes o concerto ou os que quedastedes con ganas de máis, estamos este sábado 9 no Milladoiro, no Barricas Folk Rock xunto a unha chea de grupazos.


(pincha para agrandar)

Agora si, os Deseqilibrio estamos de volta!