Siguenos en Facebook Siguenos en Facebook Siguenos en Facebook Siguenos en Facebook

INICIO         |    NOTICIAS     |      CONCERTOS     |      INFO            |    MÚSICA              |      
GALERÍA     |    VIDEO            |      CONTACTO        |      NA REDE  |    DESCARGAS  |     

                                                                                                                                                            

14/06/12

ADEUS TRASGO!

Despois de enterarnos de esta mala noticia, deixamos o texto que escribíu o noso compañeiro Carlos Pereiro sobre a perda do bar onde tantas veces temos estado e tantas mans nos botou nesto do rocanrol.

"Non sairá en ningún xornal, seña local ou nacional, regional ou internacional. ¿Por qué? Posiblemente por que non lle importe a ninguén o peche dun bar, por que xa non importan os lugares onde reside a cultura e apostaron por ela, por que a xente atopou nalgures algo mellor co que distraírse ou adormercerse. O certo e que non pecha un bar, que pode ou non interesar, o certo e que pecha unha parte indispensable da cultura compostelana, e se un se apura, galega.

O Trasgo apostou dende fai anos pola cultura, xa fora pondo a música que otros bares se negarían a por, por pola no idioma que fose, por apostar pola música en directo, por marcar nun mapa os sitios de interés aos peregrinos que alí chegaban, por envolver a porta e as ventas con carteis de tódalas actividades da cidade, por dar consellos as rapazas con pendentes de perla, por lograr que calquera desconocido chegara a ter unha conversa e unha cervexa na man, por vender entradas, por achegar discos, por ser creador de anécdotas, por todo o que foi, e por todo o que será nos recordos que cada un, algún dinstintos outros compartidos, terá na súa cabeza.

Eu creo, casi podería decir incluso que teño fe, na cultura de bar, nesa vía de escape social e de aprendizaxe que ofrece, nesa igualación de intereses que provoca estar nel. Todo o mundo ten que ter un bar, e cando digo un, refírome a unha relación case de monogamia, de necesidade. O Trasgo xa non era só un bar, era unha casa, un fogar, e nos fogares hai familias. Enganaríame a min mesmo se non chamara familia a xente que alí se acolleu tralo seu muro, enganaríanse eles se non o soubesen. Amo descaradamente a cultura de bar, esa informalidade que sea crea nas súas conversas entre visitantes.

Un día, nunha desas conversas alguén preguntoume polo nacionalismo, se español, se galego, se santiagués, se humano, se marciano… Eu son dos que non creo demasiado nas fronteiras, e creo mais nos significados que teñen as cousas (que as fronteiras poderán telo, pero non así na miña cabeza), no significado que teñen os lugares e as persoas. De ser nacionalista, sen dubida, sería nacionalista da miña familia, dos meus amigos, da república independiente do meu cuarto, e sobre todo, de ser nacionalista, sería do meu bar, sería do Trasgo e da xente que alí quixo residir, sen dubida, sería e serei do Trasgo.

O día 30 de junio O Trasgo pechará, e Toño servirá detrás doutra barra, e servirá as cañas da mesma maneira, e todo será adaptarse, e buscar a esquina idónea do local para pasar de novo desapercibidos, pero nin teito, nin chan serán os mesmos; xa non serán os que quedaron impregnados de nós, os que nos cubriron ou nos fixeron resbalar, os que aínda seguirán falando pese a que non entremos. Alí se quedan, e alí seguirán cando xa nin na terra estemos.

Malia todo, como xa escribín ao principio, ¿a quen lle importa?"
 
 
Carlos Pereiro Fernández