Siguenos en Facebook Siguenos en Facebook Siguenos en Facebook Siguenos en Facebook

INICIO         |    NOTICIAS     |      CONCERTOS     |      INFO            |    MÚSICA              |      
GALERÍA     |    VIDEO            |      CONTACTO        |      NA REDE  |    DESCARGAS  |     

                                                                                                                                                            

10/02/12

Un ano despois


Un ano despois, o pasado 1 de febreiro fixo un ano que publicamos o noso primeiro traballo, "Con Q sin U", co rápido que pasan as cousas xa se nos pasou a data! Moito traballo nos deu sacalo, e mira que estamos contentos con el! (xa sabedes que o podedes descargar dende este mesmo blogue). Un ano despois, e cantas cousas cambiaron, de feito xa non estamos os mesmos que gravamos as cancions. Outras cousas seguen igual, seguimos coas mesmas ganas (ou máis aínda se cabe) que cando empezamos con esta historia do rock.

Tamén fixo un ano que sacamos adiante este blogue, este espazo onde poñer as nosas novas e demais paridas, onde xa pasamos das 10 .000 visitas! (moitas grazas peña!!!) 

Estos dias andabamos ás voltas con outras historias na cabeza e no ensaio que tiñan toda a nosa atención, e das que moi pronto teredes novas. Só podemos decir que esteades atentos ó blogue  para enterarvos! 

Un saúdo a todos e cada un dos que algun dia lle pegades unha visual ó blogue e tamén os que algunha vez poñedes a todo trapo o noso disco!