Siguenos en Facebook Siguenos en Facebook Siguenos en Facebook Siguenos en Facebook

INICIO         |    NOTICIAS     |      CONCERTOS     |      INFO            |    MÚSICA              |      
GALERÍA     |    VIDEO            |      CONTACTO        |      NA REDE  |    DESCARGAS  |     

                                                                                                                                                            

26/02/12

Dez Anos

(pincha para aghrandar)


Hoxe fai 10 anos que comezou a historia de Deseqilibrio Mental. O 26 de febreiro de 2002, o dia da chamada de teléfono ao gran Arturo Drinkin´ para que nos deixara a súa bataca vella e asi poder arrancar coa nosa ilusión.
Seis amigazos que xa tiñamos en mente facía tempo atrás montarlle un grupo e andar de palco en palco, de garito en garito facendo Rock´n´Roll e levando sempre a nosa aldea por diante, a Casalonga.

Dende aquela pasaronos infinidade de cousas boas, aventuras, risas, choros... de todo polo mundo adiante e aquí estamos aguantando o chaparrón como se soe dicir, xuntos con mais ilusión ca nunca.
Algún dos nosos compañeiros xa non está no grupo, pero os que quedamos seguiremos adiante pensando sempre no futuro e polo menos outros tantos anos aguantándonos a nós mesmos e ofrecéndolle á xente que nos da o seu apoio doses e máis doses de caña, que é o que nos mola.

Queremos aproveitar un dia tan especial coma o de hoxe para presentar oficialmente ó novo membro de Deseqilibrio. Ahí o tendes na foto, chámase Marcos Balado, o noso novo vocalista! Marcos é un vello amigo e compañeiro de concertos, ademáis de ser o guitarrista dos nosos colegas OKEOH. Un dia veu botarlle unhas pezas connosco e ó pouco de comezar a cantar xa se nos acendeu a bombilla, comezamos a mirarnos os uns aos outros e sen necesidade de dicir nada practicamente xa intuiamos que tiñamos diante ó novo vocalista. De momentos estamos a ensaiar arreo con el e as sensacións non poden ser mellores. Marcos é un bo musico que nos está axudando a ampliar o horizonte sonoro dos Deseqilibrio (xa oiredes, xa...) pero sobre todo está facendo a labor máis dura de todas, que éi abrir o seu propio camiño no grupo sen intentar imitar a ninguén. 

Agardamos que en pouco tempo poidades escoitalo e velo nun concerto, a nós xa nos ferve o cú! Agora comezamos unha nova etapa en Deseqilibrio, dez anos despois do noso nacemento, oxalá que os vindeiros dez anos sexan tan bos coma estes que xa pasaron.

Un saúdo dos Deseqilibrio Mental, Piedra, Jimmy, Miguel, Piky, Marcos e Tito!