Siguenos en Facebook Siguenos en Facebook Siguenos en Facebook Siguenos en Facebook

INICIO         |    NOTICIAS     |      CONCERTOS     |      INFO            |    MÚSICA              |      
GALERÍA     |    VIDEO            |      CONTACTO        |      NA REDE  |    DESCARGAS  |     

                                                                                                                                                            

05/01/12

CD Xprésate-Oh!

clicka na imaxe para agrandar

O Concello edita o cd Xprésate-Oh! con temas de grupos de rock de Teo


O Concello de Teo vén de editar o cd Xprésate-Oh! con temas musicais de grupos do municipio. Esta edición especial impulsada por Carme Hermida dende a concellaría de Cultura será o agasallo institucional que entreguen os reis magos o día da cabalgata no pavillón Ezequiel Mosquera na Ramallosa.
A edil de Cultura destaca que en Teo “hai moita riqueza en creatividade musical con varias agrupacións corais, dúas bandas, varios grupos de música de raíz, moitas agrupacións folclóricas vencelladas ás distintas asociacións culturais, un amplo número da grupos de rock…”. A edición do cd por parte do Concello permite que parte desa creatividade “sexa recollida nun soporte que garante a supervivencia no tempo e unha ampla difusión”.

O disco que ve a luz nestes días foi gravado, mesturado e masterizado no local de ensaio de Calo entre os meses de outubro e novembro ás ordes de Adrián Hernández, que tamén se encargou do deseño da portada, contraportada e da “galleta”. Deste xeito aproveitáronse as sinerxias existentes no municipio xa que tamén se utilizou a infraestrutura do local de ensaio, que moitos dos grupos participantes no disco usan habitualmente para ensaiar.

Carme Hermida reuniuse cos grupos do Concello para decidir quen gravaría neste 2011 e acordouse que o farían grupos de rock. Tamén se decidiu que “para acadar unha maior difusión interna do traballo realizado, o disco sería o agasallo institucional deste Nadal”.
Deste xeito as letras deberían ser axeitadas ó público infantil e estarían en galego, para que o produto resultante puidese formar parte dos programas de normalización lingüística.

Á iniciativa sumáronse dez grupos, A Tapa do Delco, Deseqilibro Mental, Ecce Homo, Glasgow, Medomedá, A Meiga do Norte, Nemaín, Okeoh, Royalties, Uruk, pertencentes a escolas diferentes. Segundo explica Carme Hermida “o resultado final do traballo realizado é un abano de pezas de distintos estilos, que van dende o rock progresivo ata o folk-rock, pero de gran calidade que fará bailar e cantar a xente grande e miúda de calquera lugar”. A concelleira de Cultura destaca tamén “a calidade contrastada dos grupos participantes que confirma que a creatividade musical teense está no seu mellor momento e dános un motivo máis para sentírmonos orgullosos do noso”.

Esta iniciativa non é pioneiro no uso do local de ensaio como estudo de gravación, para o que está preparado, xa que o ano pasado xa se fixo un disco coas agrupacións corais de Luou, Calo, Aleceia e Cruceiro de Monte.

E continuidade tamén hai no agasallo institucional que entregarán os reis magos ós máis pequenos/as do Concello xa que en anos anteriores a concellaría de Cultural coordinara a edición dun libro dos Bolechas en Teo e outra edición con textos de Avelino Pousa Antelo axeitados para nenos/as. Este ano repítese a experiencia unindo unha vez máis a creatividade cultural existente en Teo co pulo institucional.

A listaxe de grupos e cancións do cd é a seguinte:

  1. A Tapa do Delco – “Suma”
  2. Desequilibrio Mental – “Desencontro”
  3. Ecce Homo – “A historia do vello Ramón”
  4. Glasgow – “Quero volver empezar”
  5. Medomedá – “Xubidú”
  6. Meiga do Norte – “Ti non dependes do mundo”
  7. Nemain – “Soños que veñen do tempo”
  8. Okeoh – “Amigho”
  9. Royalties – “Misfits”
  10. Uruk – “A viaxe” (Dende Morelia (Mex) ata Luou)
 Se queredes escoitar o disco de balde, pinchade AQUÍ!