Siguenos en Facebook Siguenos en Facebook Siguenos en Facebook Siguenos en Facebook

INICIO         |    NOTICIAS     |      CONCERTOS     |      INFO            |    MÚSICA              |      
GALERÍA     |    VIDEO            |      CONTACTO        |      NA REDE  |    DESCARGAS  |     

                                                                                                                                                            

28/12/11

2011

Vaia ano! A verdade que tocamos o que nunca tocaramos antes en case 10 anos de existencia  como grupo, por iso gardaremoslle o mellor dos recordos ó 2011. Foron dezanove concertos, dezanove aventuras, dezanove alegrías e dezanove enfados, dezanove concertos e mil cousas que contar! Puxemos as nosas reflexións respecto aos concertos ao longo do ano no blogue, así que só tedes que rebuscar nos arquivos!

2011 tamén foi o ano no que por fin sacamos o noso ansiado primeiro traballo "Con Q sin U" (que podedes descargar de balde dende este blogue). Moito traballo nos deu sacalo pero por fin está ahí,  e nós moi orgullosos del, coma se se tratara de un fillo. Grazas a el tocamos mogollón, percorremos Galicia presentando os temas que compoñen o disco, compartimos escenarios con unha chea de bandas e fixemos unha chea de amigos nos festivais. Tampouco perdimos a ocasión de saír na TV, na radio, no xornal... para facer un pouco de promo.

Tamén pasou unha cousa que nos sorprendeu moito, gañamos o concurso Novo Son da Radio Galega, grazas ó cal puidemos participar na XVI edición do Derrame Rock celebrado por primeira vez en Ourense, unha experiencia que nunca olvidaremos e que non se podería ter levado a cabo sen a axuda de todos os que nos seguides, os que nos botastes unha man no tema das votacións. Non nos olvidamos da vosa axuda e estamos infinitamente agradecidos por eso!!! moitas grazas xente!!!!

Por outro lado, non todo podían ser cousas boas, e este ano pasou algo que descolocou ó grupo por completo: a marcha do noso vocalista Anxo despois de case 10 anos no grupo. Quedamos moi apenados, pero sabemos que perdimos un vocalista e non un amigo, foi o mellor tanto para el coma para o grupo. Sempre Anxo!!!

Sabemos que 2011 foi un ano de merda en xeral, a crise, o politiqueo, cacicadas, as cagadas das gaivotas, pero sendo un pouco egoístas, para nós foi un dos mellores anos que tivo o grupo. Solamente agardamos do 2012 que sexa tan bo (e mellor se se pode) coma este 2011. E aínda que no resto dos ámbitos a situación pinta peor que nunca,  hai que ser optimistas e mirar cara adiante, contra o estado si que hai que facer.

Nós xa estamos a prepararnos para o novo ano, facendo un feixazo de temas novos para o próximo disco, ensaiando un repertorio novo para os concertos e o máis importante, temos máis ilusión ca nunca nesto do rocanrol. Agardamos que o ano novo nos traia o novo cantante que andamos  buscando ;) Ademáis en 2012 cumprimos Dez anos coma grupo, así que tranquilos que faremos unha boa festa de aniversario!

E veña, que xa está ben de poñerse nostalxicos, que lle dean ben polo cú ó 2011 e que veña mellor ca nunca o 2012! Unha aperta a todos dende a Casalonga dos Deseqilibrio Mental!!!!

PD: por se estades aburridos, queremos que nos contedes que concerto de Deseqilibrio vos prestou máis do 2011!

http://flisti.com/22999

Que concerto de Deseqilibrio Mental foi o que máis che gustou do 2011?