Siguenos en Facebook Siguenos en Facebook Siguenos en Facebook Siguenos en Facebook

INICIO         |    NOTICIAS     |      CONCERTOS     |      INFO            |    MÚSICA              |      
GALERÍA     |    VIDEO            |      CONTACTO        |      NA REDE  |    DESCARGAS  |     

                                                                                                                                                            

28/09/11

Mensaxe de despedida de Anxo

Mensaxe de despedida de Anxo:

"Amigos, compañeiros e seguidores deste grupo, quero aproveitar estas palabras para decirvos un hasta sempre, a palabra adios xa polo suxeito que contén nunca me gustou.
Foron dez anos da miña vida que pasei entre ensaios, camerinos, escearios e sobre todo na compaña de cinco amigos.

Cantas historias poderia contar, moitos recordos se pasean estos días pola miña  cabeza, as veces demasiados, a maioria altamente satisfactorios e simpáticos.
Todo ten un comezo e un fin nesta vida, caótica,exánime, e sen sentido. Pero hai veces que simplemente nun xesto, nun verso, ou nun lamento, descobreslle algo de sentido a todo isto, e fai que tires pa diante co que sexa. Pasoume moitas veces subido nun esceario que desconectei de tal forma que a ecuación que rixe a existencia se volveu tan simple, que todo parecía ser de cor rosa, igual era un foco que me daba na cara, non sei.

A natureza do ser humano faino ser adaptable ó medio, supervivintes, fainos ser o cerebro, e un grupo de rock fai bastante traballo na conciencia intima e na visión do mundo “normal”e do musical. E por isto que as veces e mellor observar o rio e deixalo correr que darse un chapuzón e coller unha pulmonía. Todo en grandes dóses acaba por intoxicar, vexase o extramonio.

O meu camiño parte hacia outros derroteiros, voume coa certeza de ter feito moitos amigos ala por onde andiven tocando, de ter aprendido moitas leccións de humildade tamen, e de deixar algo que me pertenceu e formara parte de min por sempre.
Despidome de vos e mando un abrazo a toda a xente que nos veu a ver e desfrutou do rocanrrol no noso idioma e sen pelos na lingua que nos caracteriza, bicos e apertas."
Ao resto dos Deseqilibrados danos moita pena que marche Anxo pero respetamos a súa decisión e apoiamolo. Vaise o cantante, pero sabemos que o amigo vai estar ahí sempre. E tranquilos que os Deseqilibrio Mental seguiremos dando caña! próximamente máis noticias!