Siguenos en Facebook Siguenos en Facebook Siguenos en Facebook Siguenos en Facebook

INICIO         |    NOTICIAS     |      CONCERTOS     |      INFO            |    MÚSICA              |      
GALERÍA     |    VIDEO            |      CONTACTO        |      NA REDE  |    DESCARGAS  |     

                                                                                                                                                            

05/05/11

O noso Choio!

Como di a canción dos noso irmaos ruxe, o noso choio é o rocanrol. O que pasou este finde foi moi intenso, e aínda nos estamos recuperando. Foron tres dias facendo o que máis nos gusta, e aínda que foron dusros, disfrutamos unha chea.

O xoves na Capitol comezou a bulla. Tocar na Capitol sempre mola, xa que todos vimos tocar ahí a moitos dos nosos grupos favoritos, e poder subirse ó mesmo escenario é un puntazo. Ademáis se é compartindo escenario cos nosos compañeiros de Invivo e Raiba  na presentación dos seus novos traballos mellor aínda! O traballo de Raiba aínda non chegou da fábrica pero o seu concerto xa nos deixou con moitas ganas, e o novo traballo dos Invivo, "Dogma" un trallazo made in Pousada Son, ide por el á tenda pero ya!
Ademáis o concerto estivo retransmitido polos compañeiros do Planeta Furancho, podedes descargar AQUÍ o podcast.
 
 Ó dia seguinte xa algúns xa andabamos escarallados pola noite anterior, e xa houbo que marchar cedo a probar son no IV Festival do Sar. Unha proba un tanto accidentada. O festival tamen estivo ben, un bo equipo de son e poder tocar nun sitio emblemático de Padrón como é a Praza de Macías o Namorado ten o seu aquel, e sobre todo se é nas festas da Pascua!

E outra vez  volvimos a tocar ben acompañados, esta vez coa Banda da Balbina e os Ulträqäns, que tamén acaban de editar un discazo. Pese os problemas que tivemos na proba, foi un bo concerto, pena que tiveramos que cortar por "problemas técnicos" a última canción na que iban colaborar un feixazo de amigos nosos! Pese que o Concello de Padrón aposta por facer festivais de rock con grupos da terra, á xente parece que lle gusta máis ir ver o paripé da orquesta e bailar Paquito el Chocolatero, de onde non hai non se pode sacar!
E por último, o sábado tocamos no Gatos de Melide. Tíñamos moitas ganas de tocar alí, un lugar mítico para o rock galego, e hai que dicir que da gusto tocar alí, o trato por parte de Nani excelente. Estivemos moi cómodos tocando e na actuación demos tóda-las enerxías que nos quedaban.  Despois para recoller menudo panorama, é sair fora do bar e parece que é outro mundo, pero bueno noutro post xa falaremos bien dos canis e chonis varios...

Habemonos acordar ben destes tres dias e a ver se pronto podemos repetir un finde tan rockeiro. Agora un pouquiño de descanso, pero só un pouquiño, xa que en breve poñeremonos a currar algún temilla novo e algunha historia nova para o directo.

Saúde e Rock n Roll!