Siguenos en Facebook Siguenos en Facebook Siguenos en Facebook Siguenos en Facebook

INICIO         |    NOTICIAS     |      CONCERTOS     |      INFO            |    MÚSICA              |      
GALERÍA     |    VIDEO            |      CONTACTO        |      NA REDE  |    DESCARGAS  |     

                                                                                                                                                            

12/01/11

Saude compañeir@s benvid@s ó novo blog de Deseqilibrio Mental !!!

Máis alá de Miguel, Piedra, Piky, Jimmy, Tito e Anxo, Deseqilibrio sodes todos vos. Todos os que nos axudades nos concertos, todos eses que nos seguides por alá onde imos facer barullo.
Sodes da casa, sabédelo, así que partindo desta base, ou premisa, este blog vai un pouco por vós para tervos ó  día das nosas andainas e inquedanzas culturais e musicais , digo isto sen querer parecer moi pedante!

Aquí ides atopar de todo,  as novas do grupo, concertillos, (ou bolos que gustan de dicir os profesionais disto), textos de opinión crítica ó estilo Perez Reverte ( é coña!), que pasamos de criticar por criticar como fai o menda este, que nós se o facemos será por algo serio, ou non...que nos sómosche así  a lo loco!!  en fin xa veremos.

E como Franco xa morreu fai uns cantos anos (pese a quen lle pese), e vivimos nunha suposta democracia (... seica), con supostas  liberdades, (seica non, a de fumar nos bares ) entre elas a de expresión (..seica), seguiremos poñendo cousiñas neste blog que empezamos a currarnos dende xa!!
Ademais atoparedes caralladas que nos pareza salientable mencionar, expresións das nosas voces discordantes. Por sorte inda non estamos alienados, cona!, e podemos saírnos do guión que esta sociedade intenta impornos e renegar, de paso, da a clase política deste país.

E antes de despedirnos por hoxe: botádelle un ollo á nosa sección de descargas onde poderedes descargar o noso EP, escoitar os temas que actualizamos con regularidade, e poñervos ó dia sobre a nosa historia. Sen máis e pendente de falar ou esbardallar de moitos temas e do vindeiro disco que imos sacar en nada , despedímonos cun tema que xa pasa das mil visitas en youtube dos nosos compañeiros Drinkin Tinto, no que saimos un grupo deles dandoo todo na Nasa.


(foto por José Chazo http://www.flickr.com/photos/josechazo/)