Siguenos en Facebook Siguenos en Facebook Siguenos en Facebook Siguenos en Facebook

INICIO         |    NOTICIAS     |      CONCERTOS     |      INFO            |    MÚSICA              |      
GALERÍA     |    VIDEO            |      CONTACTO        |      NA REDE  |    DESCARGAS  |     

                                                                                                                                                            

19/01/11

Grupo da Semana (pasada) en SantiagoSiete

Semana do 14 ó 20 de Xaneiro de 2011
MUSIQUEANDO
Marta Baños Cano
SANTIAGO

Deseqilibrio Mental
“O MUNDO DÁ ASCO E HAI QUE CRITICALO”

Cun  nome  moi  peculiar  e que según contan entre risas  “defínenos un pouco”, Piedra,  Piki, Freek,  Anxo, Jimmy e  Miguel  forman  a banda ‘Deseqilibrio Mental’ dende fai nove anos, cando decidiron xuntarse “o peor de cada casa para facer algunhas cousiñas”, din.

Sodes de diferentes partes do  concello  de  Teo,  como vos sentides cando tocades en Compostela?
A xente de Santiago trátanos moi ben sempre que tocamos alí, e estivemos moitas veces, pero depende den quen  organice  o  concerto vai  mellor  ou  peor,  pero  a xente  en  xeral  acéptanos ben.

A quen vos dirixides coa vosa música?
A todo o público que queira escoitar letras decentes, ou con mensaxe, deste grupo que se tiveramos que definir diriamos que é rock ou metal rural galego (rin).

E que mensaxe teñen esas letras?
Pois metemos algo de ‘cuña política’, aínda que non nos posicionamos con ninguén, parécenos que o mundo dá asco e se dá asco pois hai que criticalo un pouquiño. As nosas letras son de protesta contra  a  sociedade  e  con algo de mensaxe ecolóxica tamén.  Trátase  de  intentar dicir algo, non quedarse co típico ‘te quiero, cariño, mi vida’ que é o que vende.

Como vai a grabación do voso primeiro disco?
Xa  está  grabado  pero  por cuestións de ‘pasta’ e de vagancia,  tardamos  máis  en rematalo.  Pero  esperamos telo editado en breve.

Esperades boa aceptación?
É complicado porque aquí aos grupos locais se lles dá moi  pouca  promoción,  e non temos apoio institucional, porque non hai diñeiro e nós non interesamos porque  non  movemos  masas nin ‘pasta’.

"Aos grupos locais se lles dá moi pouca promoción porque non moven pasta”