Siguenos en Facebook Siguenos en Facebook Siguenos en Facebook Siguenos en Facebook

INICIO         |    NOTICIAS     |      CONCERTOS     |      INFO            |    MÚSICA              |      
GALERÍA     |    VIDEO            |      CONTACTO        |      NA REDE  |    DESCARGAS  |     

                                                                                                                                                            

25/02/10

Vai polos Padriños, Tributo aos 25 Anos de Zënzar (2013)


« volver atrás
01 - Machina - Os Cochos
02 - Deseqilibrio Mental - Chove
03 - Invivo - Pensamento
04 - Som do Galpom - O Informal
05 - Nao - A Fin do Mundo
06 - Ruxe-Ruxe - Ratos no Hórreo
07 - Pito de Pikasso - Doutor
08 - Balbordo Público - Tiven un Bar
09 - Compañía do Ruído - Cheira Mal
10 - Medomedá - Dalle
11 - Mr. Kamándula - Nacín Libre
12 - Raiba - E ti que pensas?
13 - K-Raxe - Bourando
14 - Chícharo Psicótico - Cousa Branca
15 - O Jallo Light - Matar por Matar
16 - 16 Os Tres Trebóns e os Homes sen Medo - Tiven un Bar
17 - Dios Ke Te Crew - A Tribu
18 - Secho e os Invisibles - Chegando a Casa 
19 - Machina - Cheira Mal

*(escoita o disco na canle de Youtube Tributo a Zënzar)

Por fin un disco tributo (e ben merecido) aos Zënzar, os padriños do rock galego. No programa do 14 de Xaneiro do Planeta Furancho desvelouse a sorpresa e presentaronse os temas e bandas que forman o disco "Vai polos Padriños, Tributo aos 25 anos de Zënzar". (Podes escoitar o podcast pinchando AQUÍ). No disco participan Machina, Invivo, Son do Galpom, Nao, Ruxe-Ruxe, Pito de Pikasso, Balbordo Público, Compañía do Ruído, MeDoMedÁ, Mr. Kamándula, Raiba, K-Raxe, Chícharo Psicótico, O Jallo Light, Os Tres Trebóns e os Homes sen Medo, Dios Ke Te Crew, Secho e os Invisibles. 

Os Deseqilibrio puidemos formar parte deste regalo aos Zënzar (os cales non souberon nada ate o propio dia de desvela-la noticia) aportando a nosa revisión do tema "Chove" do mítico disco "Todo Vai Ben". Só temos palabras de agradecemento para Zënzar por facer camiño nesto do rock en galego, ahí está a nosa humilde homenaxe, xunto a unha chea de bandazas (e amigos) do país. Por outra banda tamén queremos agradecer a Vituco Neira e Mario César por "maquinar" o proxecto, coordinar a tódolos grupos e facer posible que este disco vexa a luz, sen eles sería imposible.

Para rematar, poñemos unha cita do libreto: "Que non crean que isto é un agradecemento. Máis ben un toque de atención para que non se despisten e dentro doutros 25 anos podamos sacar o segundo volume. Que así sexa amigos!"