Siguenos en Facebook Siguenos en Facebook Siguenos en Facebook Siguenos en Facebook

INICIO         |    NOTICIAS     |      CONCERTOS     |      INFO            |    MÚSICA              |      
GALERÍA     |    VIDEO            |      CONTACTO        |      NA REDE  |    DESCARGAS  |     

                                                                                                                                                            

29/07/07


SÉCULOS Escuros I (2015, Lobicán Records) é o novo disco de Deseqilibrio Mental. Atopámonos ante a primeira entrega dun traballo pouco convencional, dividido en tres partes cunha causa común: espertar a conciencia da xente ante os actuais Séculos Escuros que nos están obrigar a vivir. A banda, coa súa particular mistura de metal, rock e rap, mostra unha evolución no seu son sen deixar atrás a denuncia social das súas letras. Grabado e producido xunto Iago Pico en Pousada Son (Ames, GZ), o disco conta co deseño de Arinspunk e as colaboracións de de Xan Pericán de Ruxe-Ruxe e DJ Mestre Pi. Acompañando a saída do disco, atopamos o videoclip Séculos Escuros.

Abandeirados do Metal Rural, a traxectoria de Deseqilibrio Mental nace en 2002 na Casalonga (Teo) e a día de hoxe móstrase como unha das formacións máis prometedoras da Música Galega Conteporánea. Resultaron gañadores do III Certame Música Xove do concello de Santiago de Compostela no 2010 e do concurso Novo Son realizado pola Radio Galega Música no 2011.

A banda está formada por Fito (voz), Anxo (voz), Jimmy (guitarra), Miguel Duarte (guitarra), Piky (baixo) e Jose M. Piedra (batería). Tras editar Con Q sin U (2011, Lobicán Records) e xirar por toda a xeografía galega (Derrame Rock, Música na Noite, Verea Rock, etc. festivais nos que compartiron escenario con bandas do estado como Siniestro Total, Los Suaves, Boikot, Koma, Ktulu ou Obrint Pas), presentan Séculos Escuros I (2015, Lobicán Records) co que seguen achegando o seu potente e enérxico directo aos escenarios do país.